Moi satisfeito pola súa participación no mundial de enduro “Noco FIM 6 Days 2024 Spain” remataba o piloto barquense Jorge Paradelo esta “experiencia inesquecible”.
Foron seis días de carreira, sen apenas descanso, dende o luns 14 ata o sábado 19 de outubro. Uns 1.400 km de moto cunha media de 7 horas e media por día por circuítos de Santiago de Compostela, A Estrada, Silleda, Lalín e O Irixo, rematando o último día coa proba de motocros no Recinto Feiral da Semana Verde en Silleda, escenario principal desta épica carreira de enduro na que participaron ao redor de 600 pilotos de 30 países.
Paradelo formaba parte do equipo galego correndo co dorsal 474 unha “carreira xenial”, di, acabamos no posto 14° por equipos e no 26° individual.