CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

José Fernández de Abajo asume a dirección do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

José Manuel Carrasco entrega a carteira de director a José Fernández de Abajo.

 

Co inicio do mes de setembro faise tamén efectivo o cambio de dirección no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, posto que dende hoxe asume o sacerdote José Fernández de Abajo en substitución de José Manuel Carrasco Pascual, tralo nomeamento deste último como Vicario Pastoral da Diócese de Astorga.

Na sinxela pero emotiva cerimonia coa que o novo director tomaba posesión do cargo, Fernández de Abajo asegurou estar “orgulloso de dirixir este proxecto educativo nun momento tan importante para a educación”, destacando que o seu obxectivo é “poñerme á vosa disposición para que todos vos sintades parte deste equipo, nun entorno de confianza, ilusionados pola nosa misión”, dixo dirixíndose aos compañeiros do centro.

 

José Fernández de Abajo, novo director do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

 

Fotos: Facebook Pablo VI.

Artigos relacionados

Back to top button