ConcellosQuirogaRibas de SilÚltima hora

José González: “O foco primario do incendio de Ribas de Sil foi intencionado”

O conselleiro do Medio Rural valora a situación deste lume que xa afecta a 350 hectáreas

O conselleiro do Medio Rural, José González./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O conselleiro do Medio Rural, José González, valoraba arredor das 18:30h. desta tarde a situación actual do incendio forestal activo rexistrado no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima, na que está declarada a Situación 2 como medida preventiva. Este incendio xa afecta a unhas 350 hectáreas, segundo as últimas medicións feitas públicas por Medio Rural.

“En primeiro lugar, quero trasladar a situación de dificultade meteorolóxica que temos hoxe aquí, cunha temperatura superior aos 34 graos centígrados que marca o termómetro na zona do incendio, cun índice de humidade moi alto e nunha situación na que penso que o que fixo este desaguisado sabía perfectamente o dano que estaba causando, pois estamos por riba das 200 hectáreas, a pesar do extraordinario esforzo do servizo de prevención e extinción de incendios de Galicia, e por suposto, de todos os demais medios que están aquí”, sinalaba en declaracións aos medios o conselleiro.

Tamén incidía en que “temos xa acreditado que o foco primario foi claramente intencionado, temos xa a nosa xente investigando e, dende logo, iso vai ter resultados”.

Co respecto ao que había nalgunha das aldeas pola proximidade do lume, José González comentaba que “tivemos que decretar a situación de nivel 2, pero nesas aldeas en concreto dinme que o perigo pasou, pero estamos aínda nun incendio de cantidade de hectáreas e de problemática que nos vai xerar”.

Finalmente, o conselleiro do Medio Rural aseguraba que “temos aquí un despliegue de medios moi importante, pero nestas circunstancias meteorolóxicas e moi complicado loitar contra lumes destas características e que ademais se fan con intencion e sabendo que poden facer este dano e este destrozo. Temos un dipositivo extraordinario e o que nos interesa é defender as nosas aldeas do lume”.

Artigos relacionados

Back to top button