A RúaConcellosÚltima hora

José Luis Prieto (Lilí) a título póstumo e Autoneum, serán os homenaxeados da XVI Festa do Codillo da Rúa

 

Lilí nunha exposición de pintura no CCA da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co anuncio da venda de entradas prevista para o vindeiro domingo día 19, comezaba a conta atrás para a XVI edición da Festa do Codillo da Rúa que se celebrará o sábado 25 de xaneiro e que este ano homeneará a unha empresa e a un artista a título póstumo.

Autoneum polos 20 anos que leva instalada no polígono das Pedreiras dando traballo a máis de 200 persoas; e José Luis Prieto (Lilí), falecido en febreiro do ano pasado, pola súa pegada artística e talento en infinidade de lugares (na praza do Concello da Rúa, no parque do Pombar, na rúa Progreso, en Fontei, no CEIP Manuel Respino, en Somoza…), serán os homenaxeados desta edición da Festa do Codillo, nun acto oficial, previsiblemente no Centro Cultural Avenida, que precederá ao xantar a partir das 14 horas no pavillón municipal, no Aguillón.

 

Panorámica de Autoneum nas Pedreiras./ Foto: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button