Lázaro Benítez Mouriño (CPD Río Deza), José Manuel Pinto Ribeira (SPF Valdeorras) e Avelino López González (A.P.D. Róbalo) son, xunto a Raúl Álvarez (campión autonómico) os clasificados para representar a Galicia no campionato de España de auga doce 2024.
O equipo galego decidíase na xornada do domingo 17 de setembro, no selectivo celebrado no encoro de San Martiño, na Rúa, no que participaban 16 pescadores da Coruña, Pontevedra e Ourense (5 da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras).