Eleccións municipais 2023Última horaVídeos

José Vicente Solarat presenta a lista coa que o R.U.A. concorre por sétima vez ás eleccións municipais

 

Como partido político e cunha listas confeccionada “non se dificultade”, na noite deste xoves 11 de maio, apenas unhas horas antes de que comezara a campaña, o R.U.A. (Rues@s Unid@s Adiante) que por sétima vez encabeza José Vicente Solarat López, presentaba a súa candidatura á alcaldía da Rúa de cara aos comicios do 28M. Facíao no Centro Cultural Avenida, “unha caixa de emocións” e referente comarcal, diante da poboación coa que abría rolda de preguntas e compartía uns petiscos e un viño.

 

 

Diante dos veciños que se acercaron e trala proxección dun vídeo sobre a Rúa creado por Álvaro Rodríguez “Purre”, José Vicente Solarat fixo un repaseo polos problemas cos que conta o concello, uns de calado superior que non se poden afrontar dende a alcaldía como a sanidade ou as infraestruturas e outros “máis pequenos que non deberiamos ter”, dixo, facendo referencia ás piscinas municipais, ao tema da auga ou ás festas de verán.

 

 

Baixo o lema “Sube ao tren do R.U.A.” Solarat deu cifras, como os 4.200 censados ou os 330 autónomos cos que conta o concello e o feito de que “os catro candidatos que concorremos ás eleccións fomos alcaldes e tres estivemos na oposición o que nos dá unha visión xeral sobre a vila”. Asegurou terse reunido con todas as asociacións e colectivos da Rúa facendo un repaso polos gastos desorbitados que asume o ente local (Grupo Escolar, Centro Médico…), lembrando a poboación embellecida coa que conta pero tamén do potencial do pobo, tanto a nivel servizos, como turístico e mesmo industrial, así como a necesidade de asentar poboación.

 

 

Non esqueceu falar da  chegada de Autoneum á Rúa e todo o  que iso implicou sendo finalmente posible “grazas á unión do pobo”, convidando á poboación a pasar pola sede do R.U.A. sita na rúa Progreso “para calquera dúbida, consulta ou suxerencia durante os vindeiros quince días”.

Con respecto ás persoas que o acompañan na lista, fixo unha mención especial a dúas que “tiñan que estar pero asumo a culpa de non ter sabido xestionar o partido a ese respecto”, dixo, citando a Alberto González que foi concelleiro con el na última lexislatura e David Corzo, un dos fundadores do partido, facendo subir ao escenario aos que si están, algúns vellos coñecidos e outros novos.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

CANDIDATURA:

1. José Vicente Solaral López
2. Fernando Rodríguez Rodríguez
3. Ana Isabel Ares Rodríguez
4. José Rodríguez Ortega (Independente)
5. Encarnacación Marín Nieves
6. Juan Bautista Bellete García
7. José Enrique González Rodríguez
8. Elisa Amalia Arroyo Allo
9. Margarita González Blanco
10. Jesús Ángel Rodríguez González
11. Isabel García Díaz

SUPLENTES:

1. Abdón Núñez Feliz (Independente)
2. Nely Altagracia Zapata de la Rosa
3. Carlos Fernández Ares

Artigos relacionados

Back to top button