DeportesMontañismoÚltima hora

Josefina Maestu gaña as elecccións á presidencia da Federación Galega de Montañismo (FGM)

Josefina Maestu e Adolfo Puch.

 

Cambios na directiva da Federación Galega de Montañismo (FGM). O sábado 3 de decembro celebrábase na Casa do Deporte da Xunta de Galicia, en Vigo, a Asemblea Xeral da entidade deportiva na que se elixía a presidencia e a comisión delegada para os vindeiros catro anos.

Para asumir a presidencia da FGM presentáronse duas candidaturas. A primeira viña encabezada por Adolfo Puch, á fronte do ente federativo as tres últimas lexislaturas (dende o ano 2010); e a outra por Josefina Maestu, nada en Vigo fai 49 anos e residente en Cambre (A Coruña), que resultou elixida con 43 votos (74,13%) fronte aos 12 votos (20,68%) de Puch. Tamén houbo tres votos en branco (5,19%).

 

A gañadora das eleccións á presidencia, Josefina Maestu,

 

Con respecto aos membros da nova Comisión Delegada da FGM, no apartado de clubs foron elixidos a Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU), o Club de Montaña Xesteiras e o Club de Montaña Vértice; no de deportistas, Elvira Verea López de Guereño; no de técnicos, Javier Aradas Mariñas e no de árbitros, Xosé Lois Freixeiro López.

A nova presidenta, Josefina Maestu, que tomará posesión oficialmente o vindeiro 13 de decembro, presentou na campaña electoral o Plan Estratéxico da FGM, integrado por “máis de 100 medidas encamiñadas a modernizar as estruturas e relevancia social do montañismo galego”, agradecendo no acto a “gran confianza e apoio recibido”.

Artigos relacionados

Back to top button