Dende que Durán se despedía do que foi o seu equipo nos últimos tres anos, xurdía a cuestión de quen ocuparía o seu lugar como adestrador do Rúa Valdeorras Futsal. Unha dúbida que quedaba resolta na noite do xoves 25 de xullo cando o equipo feminino de fútbol sala presentaba ao seu novo míster.
Natural de Quiroga, Andrés Campo Macía “Jovito” leva moitos anos nas pistas, vinvulado ao fútbol sala, pero será a súa primeira vez cun equipo feminino polo que “vén con moita ilusión e ganas de traballar con nós para loita e facer unha boa tempada”, din dende o club dándolle a benvida “á familia Rúa Valdeorras”.
Fotos: Rúa Valdeorras Futsal.