Juan Corzo, o poeta de Celavente (O Bolo), cantará esta noite no programa Luar da TVG
28 de Setembro de 2018
Foi convidado para interpretar unha copla adicada ás ErmitasJuan Corzo lendo a copla de San Blas, en Celavente (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.
A Juan Corzo Álvarez (natural de Celavente, O Bolo) sóbralle creatividade literaria, contando entre as súas obras centos de coplas e poemas adicadas aos lugares, persoas, santos e acontecementos que lle son queridos.
Ten escrito sobre a súa terra, Celavente, sobre os pobos da contorna entre eles Barxa, e por suposto sobre as Ermitas. E este último lugar é o protagonista da copla que Juan cantará esta noite en Luar, na Televisión de Galicia.
Convidado polo programa que presenta Gayoso, o propio Corzo adianta que actuará “sobre as doce da noite” convidando a todo aquel que poida e queira, a velo cantar en televisión.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.