EconomíaEconomíaÚltima hora

Keltius segue dando pasos nos mercados internacionais

keltius

A cervexeira ourensá “Cerveza Keltius – In Peccatum Craft Beer” continúa apostando polos mercados internacionais. Logo da súa entrada en países como Suecia, Suíza, Holanda, Reino Unido ou Portugal, esta empresa mira agora a Polonia.

Despois de ser galardoada coa Medalla de Prata no Barcelona Beer Challenge 2016, Keltius regresa de Varsovia onde participaba no Warszawski Festival Piwa, o evento cervecexeiro máis importante de Polonia. Alí presentaba oficialmente seus produtos en distribución no citado país. “Este proxecto de internacionalización atópase amparado polo programa ABFGo do ArtBeerFest de Portugal, que continuará noutros países de América e Asia nunha xira que durará ata finais de 2017”, segundo indican dende Keltius.

Artigos relacionados

Back to top button