DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Mati, do Tres Cuñados FS, xogará o campionato galego de fútbol sala coa selección ourensá alevín

A selección ourensá alevín masculina, foto cedida.

 

Despois dos adestramentos previos, Matías Núñez Tato é un dos elixidos pola selección ourensá alevín para participar no Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala que se celebra neste mes de decembro.

O equipo do que forma parte Mati esta encadrado na zona sur con Vigo, Pontevedra e Santiago e xogará a fase previa este venres 6 de decembro no pavillón do Colexio San Narciso (Marín). A saída será desde o Estadio de O Couto, en Ourense ás 8 horas.

 

Matías Núñez./ Foto cedida.

 

O primeiro partido xogarano ás 11:30 horas contra a selección de Santiago; o segundo ás 16 horas contra a selección de Vigo; e o terceiro ás 20 horas contra a selección de Pontevedra.

Os clasificados nesta fase irán á final que se xogará o día 23 de decembro nas Pontes.

 

Artigos relacionados

Back to top button