CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Kiko Rivera pinchará na Sala Baranda (O Barco) este venres 24 de setembro

 

Este venres 24 de setembro, a Sala Baranda no Barco de Valdeorras despedirá o verán por todo o alto. A partir das 23:30 horas, o Dj Kiko Rivera adueñarase do equipo de son para pinchar nunha festa especial.

O televisivo fillo de Isabel Pantoja e Paquirri chegará ata O Barco para amenizar a madrugada do sábado, seguindo un estrito protocolo Covid. Solo poderán entrar na sala as persoas que teñan a súa entrada anticipada (non haberá taquilla) e o acceso tanto na porta como na sala estará controlado. O aforo é do 50% e será obrigatorio o uso de mascarilla. Para unha entrada escalonada, as portas abrirase ás 23 horas e ás 2:30 pecharase o local.

Tal como informan dende o Baranda a través das redes sociais, o aforo xa está completo.

Artigos relacionados

Back to top button