CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Kiko Rivera publica o “aftermovie” da súa actuación no Barco

 

A actuación que o pasado venres 24 de setembro facía Kiko Rivera na Sala Baranda, do Barco de Valdeorras, non pasou desapercibida e dende logo dará que falar durante moito tempo.

De feito son moitos os vídeos que circulan pola rede, do Dj pinchando e dirixíndose ao público e tamén da mocidade cantando e bailando ao ritmo dos temas que pinchaba. O último en darse a coñecer era o aftermovie (vídeo que resume en poucos segundos os mellores momentos do evento) que o propio Rivera compartía nas súas redes sociais, calificando ao público de “espectacular” e ao ambiente de “maravilla”, asegurando ter “ganas de volver a veros”.

 

 

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button