ConcellosÚltima horaViana do Bolo

“Kilos de Solidariedade, Pincha Movemento polo Nadal”, esta tarde en Viana do Bolo

 

Na tarde deste xoves 29 de decembro, terá lugar o Pincha Movemento polo Nadal Kilos de Solidariedade, en Viana do Bolo.

A partir das 16:30 horas no pavillón municipal disputaranse diversos torneos en diferentes modalidades deportivas. Ás 18:30 horas terá lugar unha ronda de Xogos Cooperativos en Familia, e tamén elaborarán o mural ‘Viana Solidaria’ para ás 20:15 horas dar paso a unha sesión de baile (unha Máster Class Zumba para todas as idades).

Como evento solidario que é, cada participante en caquera parte do evento debe aportar 1 kilo de alimentos non perecedeiros que serán entregados a Cáritas Viana, para colaborar na campaña que está activa estas semanas.

 

Artigos relacionados

Back to top button