ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

La Baña acolle a XX edición da romaría de La Cabrera

Azúcar Moreno e Kiko Rivera, reclamos musicais na festa organizada polo Concello de Encinedo

Cinco anos despois, a localidade de La Baña (Concello de Encinedo) volveu acoller a celebración da romaría de La Cabrera, un festexo con dúas décadas de historia co que se reivindica a importancia desta comarca leonesa.

Como en cada ocasión, o xantar popular foi un dos actos destacados da xornada. Co polvo á feira e a carne á grella como pratos estrela, a comida tiña lugar no pavillón deportivo da localidade e arrancaba en torno ás dúas e media da tarde do sábado 9 de xullo. Entre os asistentes, a senadora nacional Esther Muñoz, encargada de ler o pregón no que deixou clara a súa aposta polo rural, sen esqueder as súas raíces en La Baña; e como anfitrión, o alcalde de Encinedo, José Manuel Moro Carrera.

Tralo xantar, a festa continuaba con actividades paralelas e moita música, a cargo da orquestra La Fórmula, Azúcar Moreno e Kiko Rivera.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button