CarballedaConcellosÚltima hora

La Banda de Ayer actuará mañá en Sobradelo no marco das festas na honra á Virxe da Encarnación

O día grande será o luns 8 de abril coa pocesión prevista para as 12:30 horas

Procesión coa imaxe de Nª Sra. da Encarnación o ano pasado en Sobradelo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Son as primeiras da tempada estival na comarca de Valdeorras e por iso son sempre tan esperadas como ben recibidas. As festas patronais de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) na honra de Nosa Señora da Encarnación adiántanse neste 2024 con respecto a outros anos e estenderanse do sábado 6 ao luns 8 de abril.

O programa arrancará mañá coa actuación durante a mañá a cargo do grupo Picafoles que fará a alborada e o pasarrúas. A actuación estelar correrá a cargo de La Banda de Ayer, grupo de versións dende os anos 70 ata a actualidade, que actuará en sesión de tarde a partir das 21 horas e tamén verbena a partir da unha da madrugada.

 

 

Para o domingo día 7 está previsto o pasarrúas da charanga CLK que amenizará tamén a sesión vermú antes do xantar festivo. Pola tarde Capitol será a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde (20:45 horas) e tamén verbena (00:30 horas). Ás 22:30 horas serán os fogos artiticiais, de gran tradición nestas datas en Sobradelo.

Así chegamos ao luns 8 de abril, día grande das festas, coa actuación da Charanga TDB que tamén acompañará á comitiva durante a procesión coa imaxe da Virxe da Encarnación que será ás 12:30 horas seguida da misa. A continuación os músicos de Terras do Bibei amenizarán tamén a sesión vermú. O baile nesta xornada especial correrá a cargo da orquestra Compostela.

 

 

Ademais dos cultos e do apartado musical, durante os tres días a festa infantil trasládase ao pavillón municipal de Sobradelo con actividades especialmente pensadas para os máis pequenos e ademais de colchonetas e “Inchábeis X Run” instalaron unha pista de coches de choque infantil. Ademais, o programa das Festas de Sobradelo 2024 na honra de Nosa Señora da Encarnación inclúe un tren turístico para todas as idades que os días 6 e 7 de abril de 16 a 19 horas percorrerá as rúas da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button