CulturaMúsicaÚltima hora

La Fuga abre no Baranda a xira española “En cueros”

A banda cántabra actuará, en formato electro-acústico, o 12 de decembro no Barco

CARTELFUGA333333333

Un acústico pero con matices. Así é o novo proxecto que a banda La Fuga achegará o vindeiro 12 de decembro ata a Sala Baranda do Barco de Valdeorras, onde comeza a xira electro-acústica “En cueros”.

Neste novo traballo os cántabros fan un percorrido polos seus propios clásicos incluíndo temas novos do seu último traballo “Más de cien amaneceres”, que defenderán “armados con acústicas, caixón flamenco, mandolinas, batería, guitarras eléctricas… A nosa idea é converter cada concerto nunha viaxe chea de matices e momentos especiais no que o eixe central sexan as cancións, que nos leven e nos traian” en palabras do propio grupo.

E se o de La Fuga é o concerto estrela no Baranda para o mes de decembro, mañá, 20 de novembro será outro artista de referencia a nivel nacional o que pase pola sala barquense. A partires das 22h. o cantautor Javier Krahe presentará no Barco o seu traballo “Las diez de últimas”.

Artigos relacionados

Back to top button