OurenseSen categorizarÚltima hora

Obradoiros de robótica, programación e impresión 3D, en La Molinera

Seis deles irán dirixidos a adultos e o infantil centrarase en achegar a figura dos “youtubers” a cativos de 8 a 12 anos
O centro municipal atópase na rúa do Abrevdoiro.
O centro municipal atópase na rúa do Abrevdoiro.

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera, en Ourense, arrinca este mes de outubro ofrecendo un ciclo de sete obradoiros que se centrarán en robótica, programación e impresión 3D. Seis deles irán dirixidos a público adulto e o taller infantil centrarase en dar a coñecer a figura dos “youtubers” aos nenos con idades comprendidas entre os oito e os 12 anos. O obxectivo desta programación é fomentar a denominada cultura “maker”, a través da cal se convida á cidadanía a utilizar as novas tecnoloxías en prol da súa creatividade. O prazo para inscribirse nesta oferta formativa ábrese o xoves 6 de outubro. Os horarios dos cursos serán de tarde e prolongaranse até novembro ou decembro.

Para a inscrición será necesario dirixirse á web www.lamolinera.net, pero tamén se pode solicitar información no propio centro municipal, ubicado na rúa do Abrevadoiro, 1. Do mesmo xeito se poderá facer a través do teléfono 988 374 523.

Artigos relacionados

Back to top button