
Especialmente pensada para nenas e nenos desde os 6 anos de idade está o Labirinto de Orientación que terá lugar o martes 27 de agosto a partir das 19:30 horas na praza do Concello da Rúa.
Trátase dunha actividade na que os participantes terá a oportunidade de ler un mapa para atopar todos os puntos correctamente no menor tempo posible dentro dun labirinto, a esencia deste deporte divertido e apto para todas as idades e habilidades. “É como a procura do tesouro na que os adultos poden vir xogar cos seus fillos”, din dende a organización.
A inscrición é gratuíta.




