Proseguen os controis por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para asegurar o cumprimento da normativa do estado de alarma na provincia.
É o caso do que realizaba a media mañá en pleno centro do Barco, nas inmediacións da praza do Concello, a Garda Civil neste luns 30 de marzo, no que se aplican as novas medidas aprobadas polo Consello de Ministros da pasada fin de semana, entre elas a paralización de toda actividade laboral considerada non esencial mentres dure o estado de alarma.