Un total de 128 adegas das cinco denominacións de orixe galegas participaban con 201 viños na XXVIII Cata de Viños de Galicia. Os galardóns deste certame entregábanse na tarde do 18 de xullo no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Desta volta o premio ao mellor tinto de Galicia era para un viño da D.O. Monterrei: o Ladairo. Colección de Famiaia (mencía e araúxa) de Bodegas Ladairo. Tamén na provincia de Ourense se quedaba a distinción ao mellor branco que recaía en Ramón do Casar (treixadura-albariño-godello) da adega do mesmo nome e da D.O. Ribeiro.
Ademais entregábanse os acios de ouro por denominacións de orixe. No caso de Valdeorras o acio de ouro lográbao Quinta da Peza (mencía) da adega ruesa do mesmo nome, o de prata o Menciño (mencía) da Adega Cooperativa Xesús Nazareno do Barco e o de bronce Viña Costeira (mencía). Recibían asemade diploma (correspondentes ao cuarto, quinto e sexto posto na cata) os viños de D’Berna (godello), Godeval (godello) e Finca Trasdairelas (godello).
Na D.O. Ribeiro o acio de ouro conseguíao Divino Rei (treixadura, albariño e loureira) da Adega Castro Rei, o de prata Priorato de Razamonde de Viña da Cal e o de bronce Casal de Armán (treixadura, godello e albariño). Asemade concedíaselles diplomas a Pazo Tizón Extramundi, Sameirás (sousón, caíño e brancellao), e Viña do Campo (mencía).
No referente a Monterrei o acio de ouro conquistábao Galván (godello e treixadura) de Adegas Daniel Fernández, o de prata Alma de Blanco (godello) de Pazo das Tapias e o de bronce Quinta das Tapias (colección mencía). Os diplomas recibíanos Quinta das Tapias (colección godello), Quinta das Tapias (colección treixadura) e Gargalo (godello).
Asemade na D.O. Ribeira resultaban recoñecidos co acio de ouro Don Bernardino (da adega do mesmo nome), Peza do Rei da Adega Cachín coa prata e Rectoral de Amandi co de bronce. Os diplomas recibíanos Cruceiro de Ramón Marcos Fernández, Pero Bernal de Adegas Amedo e Marqués de Garoña de Adegas Viña Garoña.
Na categoría de colleteiro e pequenas adegas en brancos o acio de ouro lográbao Benedictus Fructus (albariño e godello) de Val de Souto e o de prata Pazos de Albor (treixadura, godello, loureira) e Mónica Albor López. Ambos son da D.O. Ribeiro. E neste mesmo apartado pero en tintos resultaba distinguido co acio de ouro Viña Peón-Ernesto Rodríguez Pérez da Adega “O Canceliño” e co de prata Cividade de Adegas Verao, en ambos casos da D.O. Ribeira Sacra.
No acto, a conselleira do Medio Rural resaltaba a “alma vitícola” de Galicia e a aposta pola internacionalización do sector como unha das claves do seu futuro. Tamén se entregaban neste mesmo evento os premios da XVIII Cata de Augardentes e da V Cata de Licores Tradicionais.
Fotos cedidas.