CulturaMúsicaÚltima hora

Lapa Monteiro na I GastroJazz Fusion, en San Cristobo de Cea

O concerto terá lugar o venres 25 de marzo na Casa da Alén

GastroJazzFusion

O vindeiro venres 25 de marzo ás 23 horas, celebrarase na Casa da Alén en San Cristobo de Cea a primeira edición de GastroJazz Fusion, un concerto de clásicos do jazz e jazz electro rock a cargo de Lapa Monteiro, cuxas influenzas pasan por xéneros da musica moderna como o blues, jazz, bebop, fundíndose con outros estilos como funky, rock sinfónico e ambientes máis próximos á música electrónica.

A actuación terá unha duración aproximada de dúas horas e enmárcase na axenda artística e cultural das Xornadas Gastronómicas de Promoción e Divulgación da Cociña Rural e Tradicional de Galicia, que o club gastronómico A Lareira da Alén está a desenvolver dende o 30 de xaneiro en colaboración co Club Social Casa da Alén e o Centro Cívico e Empresarial Rural.

Ao abeiro do concerto, a organización programa unha xornada gastronómica especial para quen queira degustar a cociña rural e tradicional que promoven, con menús especiais dos que irán informando no muro do evento e nos perfís de Facebook e
Twitter.

Artigos relacionados

Back to top button