Tras catro días de música polas rúas, de todos os estilos a para todos os público, espectáculos de circo e mesmo fogos artificiais, Larouco pon hoxe o broche ás festas na honra á Virxe dos Remedios.
Na mañá deste mércores 8 de setembro, o acto central era a misa na honra á patroa desta localidade valdeorresa que se celebraba no interior da igrexa (este ano por cuestións sanitarias tampouco houbo procesión), pero a música tampouco faltou na xornada.

Segundo o programa, a encargada da sesión vermú era a charanga CLK, mentres que a Nova Terras de Trives encargábase da armonización da misa e dos pasarrúas, un pola mañá e outro pola tarde, despedindo así un programa no que colaboraron o Concello de Larouco, a Dirección Xeral de Igualdade, a Dirección Xeral de Política Lingüística e a Asociación Cultural da Comisión de Festexos.

Fotos: Carlos G. Hervella.