ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Lembranza ao labor arqueolóxico dos Escarbadores na homenaxe do IEV e do Casino do Barco

 

Os Escarbadores eran un entusiasta grupo de afeccionados que desenvolveu, de xeito especial entre os anos 60 e 70 do pasado século, unha intensa actividade arqueolóxica en diversos xacementos castrexos e romanos tanto da comarca de Valdeorras como doutras zonas próximas como O Bierzo. O seu labor e iniciativa era lembrada na homenaxe que lle tributaba na tarde este venres o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) e o Casino do Barco, na sede desta última entidade.

O acto comezaba ás 20h. coa intervención do presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, quen acompañado por representantes do Casino, entre eles o seu presidente, Pablo Dobao, daba a benvida aos asistentes e poñía en valor o traballo realizado décadas atrás por estes pioneiros da arqueoloxía na comarca. Entre os asistentes estaban algún dos membros deste grupo, así como familiares doutros integrantes xa falecidos.

 

 

Nesta homenaxe tamén se proxectaba do documental “Na procura do noso pasado romano”, realizado  dous grupos de alumnos de Bacharelato dos institutos Lauro Olmo do Barco e Cosme López da Rúa (e coordinado polos departamentos de Latín de ambos centros) no 2020, e inaugurábase unha exposición de fotografias de gran formato (cedida por Manuel Angel Fernández Rodriguez,) que amosan “as duras xornadas de traballo nos diferentes asentamentos, que diron lugar a importantes descubrimentos que tamén se reflexaron cunha colección de xornais que íaan dando oportunamente os correspondentes da prensa foron dando. Durante o acto proxectarase un video no que aparecen os protagonistas do mítico grupo, cuxos traballos foron supervisados polo director do Museo Arqueolóxico Provincial, Xesús Ferro Couselo e polo antropólogo e académico Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” “, en palabras de Aurelio Blanco Trincado.

 

 

Tamén interviña no acto o membro do IEV José Fernández, así como un dos membros do colectivo, Tarsicio Fernández, que daba testemuña da súa experiencia; e a deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, quen se dirixía aos Escarbadores sinalando que “tédenos transmitido uns sentimentos de esforzo e de solidariedade, sodes os nosos heroes, tantos os que continuades con nós como os que xa non están. E nos trasmitirémoslles ás xeracións vindeiras ese sentimento, ese traballo sen pedir nada a cambio, ese mérito de buscar o tesouro da nosa terra, todo ese esforzo que nos ensinástedes que debemos facer e que nós cada día teremos que transmitir”. María Carmen González concluía pedindo un aplauso para estes pioneiros da arqueoloxía valdeorresa, que demostraron que “a vocación non pide premio”.

 

 

A xornada concluía coa entrega dunhas medallas conmerativas en madeira aos Escarbadores e aos familiares daqueles membros do grupo xa falecidos, así como aos profesores Carmen Díaz (IES Cosme López) e Xulio Parada (IES Lauro Olmo), e tamén á familia do ex presidente do IEV Francisco González Prieto.

Despois realizábase un brinde e un recordo polos membros do grupo falecidos. O acto concluía cuns pesticos para os asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button