ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Léon Benavente fai vibrar ao público nun intenso e completo festival á beira do Sil, no Barco

O SilFest Valdorras 2022 baixaba o pano na madrugada deste domingo 23 de xullo

 

Presentábanse como cabeza de cartel, sendo dúas bandas de primeiro nivel no panorama nacional que actuaban por primera vez en Valdeorras e non defraudaron. Corizonas (banda formada trala insólita colisión de Los Coronas e Arizona Baby) na noite do venres e moi especialmente León Benavente na noite do sábado,  fixeron vibrar ao público nunha das edicións máis completa e ambiciosa do SilFest Valdeorras que baixaba o pano na madrugada deste domingo 24 de xullo.

 

 

Tras unha xornada repleta de actividades (catas, xogos infantís, actividades de aventura e mesmo un paseo polo backstage), con música de estilo moi variado (na sesión vermú con De Vacas, no xantar coas Macizas Centrais e para o público familiar con Magín Blanco e A Banda das Apertas), en torno ás oito da tarde do sábado 23 de xullo, día grande do festival á beira do Sil, arrancaba a sesión de concertos cos locais Navegando a Barlovento e despois Agoraphobia.

Pasadas xa as dez e media da noite tocáballe o turno ás estrelas do festival. León Benavene, banda de rock que conta cunha extensa xira ás costas co cartel de “entradas esgotadas” chegaba ao Barco para presentar Era, o seu último traballo facendo vibrar a un entregado público que coreaba as cancións á beira do río.

 

 

Xa de madrugada actuaban Sex Museum e Veintiuno, baixando o pano desta exitosa edición do SilFest Valdeorras Economato Dj’s. Tal como aseguran dende a organización foi moita a xente que paso polo festival ao longo dos dous días, de Valdeorras pero tamén doutros puntos da península. Algúns inclúso celebraron a despedida de solteiro no recinto.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button