DeportesEn portadaÚltima hora

Leticia Gil loitará polas medallas no Campionato de España de atletismo

Nesta competición, que terá lugar na vindeira fin de semana, tamén estarán outros atletas valdeorreses como Carlos Revuelta e Luis Moro

Os atletas valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta./ Foto cedida.

 

Con ata tres representantes valdeorreses contarase no Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre que se disputará na vindeira fin de semana en La Nucía (Alicante). Entre está o martelista barquense Carlos Revuelta, que aspira a manterse un ano máis entre os oito mellores.

Tamén na cita estará a saltadora de lonxitude Leticia Gil, de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), que ten moitas opcións de estar na loita polas medallas, posto que despois do seu terceiro posto no 2018 e o seu ouro na pista cuberta, chega a esta competición nun gran estado de forma e coa segunda mellor marca das participantes.

Ademais tomará parte nesta proba española o saltador de pértega barquense Luis Moro.

 

Artigos relacionados

Back to top button