En portadaÚltima hora

Leve repunta dos casos activos de Covid en Valdeorras con 160, 6 máis que onte

Panorámica da Rúa.

 

Despois de días descendendo, nesta xornada Valdeorras rexistra unha lixeira repunta nos casos activos de Covid. A comarca contabiliza 160 positivos, o que supón 6 máis que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, soben os positivos en Carballeda con 20 positivos (2 máis que o onte), en Petín con 8 (1 máis que onte), na Rúa con 33 (5 máis que onte), e en Rubiá con 4 (1 máis que onte).

Pola contra, os casos activos baixan no Barco con 80 (2 menos que onte) e no Bolo con 4 (1 menos). As cifras de positivos mantéñense en Larouco con 2, na Veiga con 4 e en Vilamartín con 5, os mesmos que o venres.

Con respecto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras conta con 4 ingresos en planta, os mesmos que onte. No conxunto da provincia, os ingresos ascenden a 75 en planta e 6 en coidados intensivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button