Despois de días con baixadas consecutivas nos casos activos de coronavirus, o municipio do Barco volve rexistrar un lixeiro repunte. Así, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello, son 16 os positivos, o que supón 2 máis que onte.
Ademais, O Barco volve aparecer en nivel 1 de alerta (amarela) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade, tendo en conta os novos casos de Covid confirmados por probas PCR nos últimos 7 días. Así, segundo os datos da consellería, neste municipio valdeorrés téñense rexistrado entre 7 e 14 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.
