OurenseÚltima hora

Limpeza e restauración no cauce do Lonia ao seu paso por Ourense

A confederación prevé comezar en breve os traballos no río Miño no barrio de Vistahermosa
Operarios traballando no río Lonia.
Operarios traballando no río Lonia.

Coa finalidade de limitar os danos por inundacións no entorno urbano de Ourense estanse a realizar traballos de limpeza e restauración do cauce e das marxes do río Lonia no tramo urbano que discurre polos núcleos de A Lonia e Mende (Ourense). Neste senso estase a prodecer á “retirada manual e mecanizada de árbores caídas ou susceptibles de caer ao propio cauce, polo risco de que poidan ser arrastradas pola corrente e formar tapóns en puntos estreitos e infraestruturas de paso, o que provocaría desbordamentos e procesos erosivos nos taludes”, segundo se informa dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

Ademais levaranse a cabo limpezas selectivas de vexetación, “eliminando o exceso de matorral e a maleza acumulada en cauce e marxes”, citando de novo a este organismo de conca. Tamén se prevé comezar en breve os traballos no río Miño ao seu paso polo barrio de Vistahermosa.

Estas accións están enmarcadas nas actuacións de restauración do Dominio Público Hidráulico (DPH) e mellora da conectividade lonxitudinal programadas pola confederación e nas que colabora o Concelo de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button