ConcellosQuirogaÚltima hora

Lixeiro descenso no número de casos activos de Covid-19 en Quiroga

Entrada ao Centro Médico de Quiroga./ Foto: RTM Quiroga.

 

Segundo día consecutivo de baixada, aínda que lixeira, dos casos positivos da Covid en Quiroga. O Sergas fixaba en 116 o número de novos casos aparecidos nos últimos catorce días, tres menos que na xornada anterior, na que tamén se marcara unha baixada de dous casos. Dende o domingo ás seis da tarde, momento no que o Sergas actualiza os seus datos, son cinco casos menos de coronavirus no concello.

Estes datos nos que se reflicte que comeza a darse de alta a aqueles primeiros casos positivos súmase tamén á nova de que “tanto os 87 residentes como os 53 traballadores da Residencia da Terceira Idade contan xa coa protección da vacina contra o Coronavirus, posto que xa pasaron os sete días dende que se puxo a segunda dose para que a protección sexa efectiva”, aseguran dende o concello quirogués.

Ademais, na tarde de onte comezaba a realizarse o cribado masivo, con cen persoas citadas e esta tarde agárdase que pasen polo centro médico outro cento de persoas, as mesmas que están citadas para cada xornada ata completar na tarde do venres as 500 probas realizadas. A finalidade destes cribados masivos é detectar a positivos de coronavirus sen sintomas.

Artigos relacionados

Back to top button