En portadaÚltima hora

“Lobos sucios”, filme sobre as minas de wolfram valdeorresas, con 14 nominacións nos Mestre Mateo

A película “O Descoñecido”, do monfortino Dani de la Torre, suma ademais 15 candidaturas

A Academia daba a coñecer os finalistas nesta edición dos premios nun acto presentado por Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”./ Foto: Moncho Fuentes/ AGA.
A Academia daba a coñecer os finalistas nesta edición dos premios nun acto presentado por Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”./ Foto: Moncho Fuentes/ AGA.

Entre as películas favoritas para levarse os Premios Mestre Mateo 2016 está un filme cun marcado carácter valdeorrés: “Lobos Sucios”, dirixido por Simón Casal. Esta longametraxe, cuxa idea orixinal está baseada nun documental homónimo do rués Felipe Rodríguez (tamén co-guionista do filme), aborda a explotación do wolfram no oriente ourensán durante a segunda guerra mundial.

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) facía públicas na mañá do 14 de marzo as obras e artistas nomeados para a décimocuarta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan toda a produción audiovisual galega. Este acto, que era presentado por Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”, contaba tamén coa asistencia do presidente da Academia, Carlos Ares. Nel explicábase que, logo da primeira rolda de votacións, as obras favoritas a facerse co galardón eran as longametraxes “O Descoñecido” con 15 nominacións e “Lobos Sucios” con 14

Así “O Descoñecido”, do director Dani de la Torre, conta con nominacións nas seguintes categorías: Mellor longametraxe, Interpretación masculina protagonista (Luís Tosar), Interpretación masculina de reparto (Javier Gutiérrez), Interpretación feminina (Paula del Río), Interpretación feminina de reparto (Elvira Mínguez), Dirección (Dani de la Torre), Dirección de fotografía (Josu Incháustegui), Dirección de arte (Juan Pedro de Gaspar), Dirección de produción (Carla Pérez de Albéniz), Guión (Alberto Marini), Montaxe (Jorge Coira), Música orixinal (Manuel Riveiro), Son (David Machado, Nacho Arenas, Jaime Fernández), Vestiario (Ana López), Maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo, Noé Montes).

O equipo da película "Lobos sucios", na súa estrea no OUFF./ Foto: Carlos G. Hervella.
O equipo da película “Lobos sucios”, na súa estrea no OUFF./ Foto: Carlos G. Hervella.

No caso de “Lobos Sucios” é finalista nas categorías de Mellor longametraxe, Interpretación masculina de reparto (Ricardo de Barreiro), Interpretación feminina protagonista (Marían Álvarez), Interpretación feminina de reparto (Manuela Vellés), Dirección (Simón Casal de Miguel), Dirección de fotografía (Sergi Gallardo), Dirección de arte (Antonio Pereira), Dirección de produción (Carlos Amoedo), Guión (Paula Cons, Felipe Rodríguez, Noelia del Río,
Carmen Abarca), Montaxe (Jordi López), Música orixinal (Sergio Moure de Oteyza), Son (Guilhem Donzel, Srdjan Kurpjel), Vestiario (María Anta), Maquillaxe e perruquería (Oriane de Neve, Antonella Prestigiacomo).

Tamén destacan polo seu número de candidaturas as series de televisión “Hospital Real” con 11 e “Serramoura” (7), ademais da longametraxe “Las altas presiones” (5).

Agora os membros da AGA iniciarán unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada categoría. A entrega de galardóns terá lugar nunha gala prevista para o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button