
A estensión da praga da Vespa velutina pola comarca de Valdeorras continúa confirmándose. Cada día aparecen novos niños secundarios, xa de gran tamaño, no alto das árbores que agora están perdendo as súas follas. Desta volta vén de localizarse un Fontei (A Rúa), que xa foi tamén neutralizado por parte do GES Valdeorras e de Protección Civil da Rúa.

Ademais tamén se están atopándose niños en zonas moi próximas a Valdeorras como é o caso de Montefurado (Quiroga), onde se localizou o niño da imaxe inferior. No caso de ver un niño, recoméndase dar aviso chamando ao 012.
