DeportesÚltima hora

Lola Bouza (Adas), na selección galega Sub-18 de atletismo

A selección galega Sub18 de atletismo en Pamplona./ Foto: FGA.

 

Con ata 18 atletas (9 mulleres e 9 homes) desembarca nesta fin de semana a selección galega de atletismo Sub18 en Pamplona. Nesta cidade disputará neste 3 de outubro o IV Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18.

Dentro do combinado galego está a atleta do Club Adas do Barco Lola Bouza, que competirá no concurso de pértega, tal e como adianta a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Neste campionato de España compiten un total de doce federacións autonómicas e nel o obxectivo da selección galega será “mellorar o oitavo posto acadao o ano pasado nunha edición gañada por Andalucía na que tomarían parte dezasete comunidades”.

Artigos relacionados

Back to top button