O mellor resultado do Club Adas do Barco no campionato galego absoluto de pista cuberta, que tiña lugar o domingo 23 de febreiro en Expourense, viña da man de Lola Bouza. Esta valdeorresa clasificábase segunda no salto de pértega, cunha marca de 3.22. A vencedora desta proba era Beatriz Viteri (3.47) do At. Feminino Celta.