DeportesÚltima hora

Lola Bouza e Tania Valverde do Adas, ouros no galego absoluto de pista cuberta

A competición continuará pola tarde co cal o club valdeorrés aínda podería sumar máis metais

A atleta do Club Adas Lola Bouza, nunha competición anterior./ Foto: Adas.

 

Os mellores atletas galegos dábanse cita a partir das 10:30h deste 14 de marzo nas instalacións cubertas de Expourense. Neste recinto desenvolverase ao longo desta xornada o XXXVI Campionato de Galicia de Atletismo Absoluto de Pista Cuberta.

Na pértega, a gran favorita era a campioa galega absoluta de aire libre Lola Bouza do Club Adas Proinor do Barco. Cumpríanse os prognósticos e esta saltadora facíase co título galego absoluto en pista cuberta cunha marca de 3.43 m. A prata correspondíalle a Lisa Vosberg (Viguesa de Atletismo) con 3.13 e o bronce a Manuela Blanco (Ourense Atletismo).

Ademais durante a mañá o Adas colleitaba outro ouro da man de Tania Valverde na competición de triplo salto. A atleta vencía cun rexistro de 11.85, sendo segunda Ariadna Gil (At. Vila de Cangas) con 11.47 e terceira Alba Lojo (Atlética A Silva) con 10.22.

Ao longo da xornada ampliarase información.

Medallistas por proba durante a mañá

Fonte: Federación Galega de Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button