ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Longa cola para acceder ao punto de cribado libre do Hospital Valdeorras

 

Numerosas persoas están a acudir ao punto de cribado de Covid de acceso libre que se establecía dende onte no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Tanto é así que neste 24 de decembro formábase unha longa cola, tal e como pode comprobarse nestas imaxes tomadas arredor das 15:30h. deste xoves. O punto, que nesta xornada estará aberto de 15h. a 18h., pechará os días 25 e 26 de decembro e o 1 de xaneiro.

 

 

 

Ademais de no Barco, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco establéceronse outros tres puntos de cribado de Covid de acceso libre: un na Casa da Xuventude de Ourense, outro na Estación de tren Ourense-Empalme e un no Hospital Público de Verín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button