OurenseÚltima hora

Loñoá acolle a II Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar

Esta celebración levarase a cabo o vindeiro domingo onde de agosto

O Concello de Pereiro de Aguiar, a entidade sen ánimo de lucro Sustinea, e a Deputación de Ourense levarán a cabo este domingo 11 de agosto en Loñoá, a II Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar. O obxectivo desta celebración é o de recuperar os oficios existentes no concello na primeira metade do século XX.

 

Cartel da actividade.

 

Durante todo o día desenvolveranse actividades como a recreación en vivo de diferentes oficios tradicionais galegos como son a cestería, a olaría dende Marín, Buño e Gundivós, as palilleiras, a talla en madeira, a cestería, queixos artesáns, ganchillo, arame, textil ou cervexa artesá. Os 33 artesáns que participarán darán a oportunidade de mercar algunha das súas pezas.

Ademais, haberá unha exposición de coches históricos de Barreiro, sorteos, música, xogos poulares, obradoiros infantís e para adultos, ata unha ruta etnográfica e teatralizada ás 12:00, da olaría tradicional de Loñoá e a apertura da Casa-museo do Oleiro de Loñoá, con moitas pezas de olería entre outros moitos aparellos e artiluxios curiosos, hoxe en díaxa esquecidos e en desuso.

Artigos relacionados

Back to top button