Los Íñigos actuarán o 27 de outubro no Café Teatro Bajo 5, no Barco
5 de Outubro de 2018
A banda de versións animará a noite cun concerto a partires das 23h.Los Íñigos no festival SilFest á beira do río Sil, no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica GH. Bellver.
Ademais dun lugar no que tomar un café ou unha copa e degustar bos pinchos, coa inauguración hai dous meses, o Café Teatro Bajo 5 situado na praza do Sagrado do Barco de Valdeorras, abría un novo espazo para desfrutar da cultura, coa programación, entre outras propostas, de música en directo.
E así o está facendo. A mediados de setembro Fon Martínez daba un concerto en acústico e para mañá, 6 de outubro, está programada a actuación de Chett Miranda, un concerto con versións de pop rock a partires das 23h.
E xa pechando o mes, serán os incombustibles Íñigos os que se suban ao escenario do café para deleitar unha vez máis ao público coas súas versións dos temas máis destacados da música española dos anos 60, 70, 80 e 90.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.