CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Íñigos despediranse dos escenarios na Festa das Pandillas, no Barco

Los Íñigos na Festa das Pandillas de 2019./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a súa formación “case en broma” no ano 2015, Los Íñigos levan amenizado infinidade de festas coas cancións máis marchosas do seu animado repertorio que parte dos anos 60-70 ata as décadas dos 80 e 90.

E igual que empezaron, tocando, cantando, rindo e bailando, despediranse dos escenarios. Farano no Barco de Valdeorras, nun marco incomparable como é a praia fluvial do Malecón, e en plenas Festas do Cristo 2023.

Esta banda de versións composta entre outros por Jorge Álvarez dará o seu último concerto na Festa das Pandillas, un encontro no que xa tocaran no ano 2019. Así o aseguraba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do programa, asegurando que esta edición da xuntanza de pandillas será moi especial e incluirá moitas sorpresas. “A actuación de Los Íñigos será a derradeira da súa carreira musical polo que será algo emotivo e aberto a todo o público”, dixo Pizcueta.

Artigos relacionados

Back to top button