CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

Los Íñigos poñen o broche a unha calurosa noite na Feira do Viño, en Viloira

 

Ao ritmo de Loquillo, Los Íñigos comezaban e pechaban un concurrido, intenso e longo concerto na praza de Viloira (O Barco), poñendo o broche musical á primeira xornada da Feira do Viño de Valdeorras.

Diante dun entregado e animado público que cantaba e vitoreaba sen cesar, ao longo de máis de dúas horas o grupo valdeorrés de versións fixo un percorrido polo seu extenso repertorio no que non faltaron temas en galego e por suposto moitas cancións de rock en español.

Malia as altas temperaturas que aínda se rexistraban de madrugada, o público ateigaba a praza, bailando ao ritmo dos 80.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button