CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Íñigos porán a banda sonora ao pregón da XIX Festa do Botelo

O acto comezará ás 12h. do sábado 19 de xaneiro no Teatro Lauro Olmo do Barco
Los Íñigos no SilFest 2018. /Foto: Mónica G. Bellver.

Non paran, dentro e fóra da comarca de Valdeorras. O grupo de versións Los Íñigos veñen de amenizar a cea de empresa de Pescanova en Vigo, e xa están preparando unha nova actuación. Desta volta será nin máis nin menos que para poñer música ao pregón da XIX Festa do Botelo do Barco de Valdeorras que se celebrará este sábado 19 de xaneiro.

O acto comezará ás 12h. no Teatro Lauro Olmo e estará presentado pola poetisa valdeorresa Fátima Delgado. O pregón correrá a cargo do humorista Roberto Vilar e a mención de honra será para o Restaurante Fernando III.

 

Artigos relacionados

Back to top button