ConcellosLubiánÚltima hora

Lubián recupera o antigo ritual do “Carro Enfeitado”

 

O “Carro Enfeitado” volvía percorrer as rúas de Lubián (na Alta Sanabria, Zamora) na tarde do 8 de setembro. Os veciños desta localidade zamorana recreaban este antergo ritual cunha longa ronda festiva polo pobo, encabezada pola música da Charanga Nova Terra de Trives.

 

 

Tras ela ía un carro adornado con diversos elementos vexetais e tirado por un tractor, seguido dunha numerosa comitiva formada polos veciños, con panos vermellos ao pescozos e ataviados de xeito festivo para a ocasión.

De cando en cando, o traxecto interrumpíase con algunha parada para bailar e tomar un grolo e apagar a sede. Unha vez completada a ronda, tiña lugar unha cea, seguida de baile na praza da Horta do Cura.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button