CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo renden tributo poético e musical a Carvalho Calero

 

Dende o seu confinamento en Madrid, a actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), e a pianista Rosa Torres-Pardo únense neste 17 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas cun “Tributo a Carvalho Calero”. Trátase dun vídeo no que Lucía Álvarez recita o poema “¿Onde está o verso?” do autor ferrolán homenaxeado este ano, á vez que Rosa Torres-Pardo interpreta ao piano “Inside”, unha peza composta por ela mesma.

Novamente diálogo de música e palabra, un agasallo destas dúas intérpretes no marco da celebración da festa da lingua e da cultura galegas.

O vídeo pode verse na canle de youtube Mezzo forte.

 

Artigos relacionados

Back to top button