A actriz e directora Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río) estrea proxecto. En xuño rodaba en Madrid a súa nova curtametraxe “El olvido”, coa que ademais debuta como guionista (anteriormente fixera adaptacións). O relato básease nunha historia real e conta a procura dunha actriz moi coñecida da que, de súpeto, non se sabe nada. Protagonizado por María Isasi conta tamén no elenco con Arantxa Aranguren, Daniel Freire, Chiqui Fernández, Yune Nogueiras, Reme Rodríguez, Marta Casado e a colaboración especial da actriz María José Alfonso. Con produción de MEZZOFORTE 111, esta curta conta cun equipo eminentemente feminino e a música é obra do ourensán José Luis Troitiña.
MEZZOFORTE 111 caracterízase por facer todos os seus proxectos accesibles -Lucía Álvarez recibiu o Premio Accesibilidade 2023- e nesta produción van un paso máis aló. Ademais de subtítulos accesibles como esta produtora afai facer, para esta produción contaron cunha actriz xorda, sendo unha novidade que unha actriz destas características interprete a unha persoa oínte. E moito máis pioneiro, que fale por teléfono. Ela é Marta Casado, unha actriz xorda con implante coclear. Con este proxecto a produtora MEZZOFORTE 111 e a empresa de Postproducción Viva Visión selan unha irmandade a favor da accesibilidade.
“Por primeira vez únense co fin de que a accesibilidade sexa unha etapa máis da Postproducción. Normalizar o proceso, coa maior calidade e coa máxima profesionalidade. Porque esta norma, que xa é decreto lei, dá un paso á fronte moi importante: conseguir que o 14% da poboación que ata o de agora -pola falta de medidas accesibles- non tiña dereito á cultura, estean igualados en dereitos ao resto da poboación. Desde aquí, piden e animan ás persoas que fan audiovisual, a que contacten con eles para que os seus traballos cheguen, de verdade, a toda a poboación”, aseguran os promotores da curta.