
Unha nova medalla de prata vén de conseguir a karateka barquense Lucía Herrero Valcarce, desta volta no campionato galego cadete/júnior/sub21 celebrado este domingo en Ferrol (A Coruña).
A deportista do Club River Stone do Barco participaba na modalidade de kumite, na categoría júnior feminino -59 kg e aí subía ao segundo caixón do podio. A medalla de ouro foi para Martina Jazmín Souto do Club Shihan e as de bronce para Noelia Penabad (Artes Marciales Fene) e Aya Fathallah (Akai Ryu).