Co obxectivo de sacar adiante diferentes programas de traballo de terapias con animais para persoas de Autismo Ourense, a asociación APMOU (Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás), que traballa a diario polo coidado, atención, alimentación, integración e actividades con animais, organizou unha espectacular gala benéfica que se celebrará este venres 15 de xuño no Teatro Principal de Ourense.
A partires das 21:30h. pasará polo escenario un elenco de artistas que “fará brillar esa noche coa súa música, humor, maxia, danza e espéctaculo”, aseguran dende APMOU. Nomes como Lucía Pérez, Rubén Riós, Fran Valenzuela, Xabier Vizcaíno, Tamara Pérez, Rosario Cruz Lahoz, Aida Blanco Dorrego, Mago Deimi ou Enka Danza.
A gala incluirá ademais os pases de moda de Alvarino (cerimonia, home, festa e muller), Hada Madrina, Alma – Moda y complementos, El Sueño de Lu e Angelo Milano. E todo por unha boa causa: recadar cartos para programas de terapia con animais para xente con Autismo.