OurenseÚltima hora

Luns de Filmoteca no Cineclube Padre Feijóo con “HOAX_CANULAR”

Fotograma do filme.

O Cinecluble Padre Feijóo inicia unha nova semana cun Luns de Filmoteca. Desta volta presentan “HOAX_CANULAR” do canadiense Dominic Gagnon. O Cgai-Filmoteca de Galicia, logo de dedicarlle un dos seus ciclos no pasado festival de cine documental de Tui Play-Doc, presenta, na tarde do luns 15 de maio, un filme construído a partir de material videográfico privado atopado en internet.

Sinalado un suposto “día do apocalipsis”, o director rastrexa e utiliza o que mozos “youtubers” que propoñen “kits de supervivencia”, recomendacións, exemplos anteriores, e que colgaron nas súas redes sociais facéndose virales.

Sen estridencias nin xuízos, elabora un discurso de aproximación a unha para-realidade coetánea e estraña.

Está previsto que o filme sexa proxectado, na Biblioteca Pública de Ourense, en dous pases; un ás 20:30 e outro ás 23:00. O custo da entrada é de 2,5 euros para o público xeral e 2 euros para os asociados.

Artigos relacionados

Back to top button