CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Luz Casal recibe o premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ pola “traxectoria exemplar dunha auténtica referente”

 

Un ano máis, a principios de setembro, Celanova lembra aos seus ilustres escritores, coa entrega do premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ que nesta ocasión foi para a cantante Luz Casal como recoñecemento a “catro décadas de traxectoria profesional que constrúen a unha icona da música, da igualdade, da vida, da ética e de Galicia”, tal como sinalaba o deputado Pablo Pérez no acto celebrado na mañá deste domingo 4 de setemrbo no que tamén interviron o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o xornalista Xaime Noguerol.

Na súa intervención no acto de entrega da XXXVIII edición do premio Celanova, Casa dos Poetas, organizado pola Fundación Curros Enríquez, Pablo Pérez resaltou o percorrido profesional de Luz Casal antes de sinalar que, máis aló disto, a artista, “unha galega universal”, é unha “absoluta referencia pola súa profundidade vital e o seu compromiso coas súas raíces, con fitos como a organización do Festival da Luz”.

 

 

O acto, que foi conducido por José María Paz Gago, comezou cunha frenda floral e unha lembranza de Celso Emilio diante do seu monumento con motivo do seu 43 cabodano. Tras a intervención do alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez tiña lugar a colocación dun centro fronte o busto do poeta coa interpretación dalgún verso de Celso Emilio a cargo do grupo Deja Blues mais o Himno Antergo pola Asociación Cultural Banda de Gaitas de Celanova.

Unha vez rematada a homenaxe, os asistentes trasladábanse ata o claustro barroco onde tiña lugar a entrega do premio.

Artigos relacionados

Back to top button