OurenseÚltima hora

O LXIV Campionato de Hockey Sala xuntará en Ourense aos mellores xuvenís de España

Esta cita deportiva celebrarase entre os días 9 e 11 de febreiro no anexo do Pavillón dos Remedios
A presentación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense.

Entre os días 9 e 11 de febreiro vaise celebrar, no anexo do Pavillón dos Remedios en Ourense, o LXIV Campionato de España de Hockey Sala Xuvenil.

A presentación tivo lugar hoxe, 6 de febreiro, no Salón de Plenos do Concello de Ourense, por parte do concelleiro de Deportes, Mario Guede, o presidente do Club Hockey Barrocás, Jaime Amorín, o presidente da Federación Galega de Hoquei, Antonio Piñeiro e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O presidente do HC Barrocás remarcou a calidade deste encontro, xa que “van vir 4 equipos cataláns, que son o berce deste deporte en España”. Asemade, o presidente da Federación Galega de Hoquei, Antonio Piñeiro, remarcou que “Ourense é a base deste deporte en Galicia” e reiterou esa “gran calidade” dos equipos participantes nesta cita deportiva.

Finalmente, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, remarcou que a cidade “préstase” a organizar eventos desta calidade, “hai oferta hoteleira, os equipos participantes van atopar unha cidade marabillosa”, dixo.

Ao mesmo tempo lembrou que esta fin de semana “van pasar por aquí os 8 mellores equipos da categoría xuvenil masculino de España”, é dicir, un cento de rapaces de 16 e 18 anos “que no futuro inmediato serán parte da Selección Sub/21 e mesmo da Selección Absoluta”.

Entre eses clubs están os catro de Terrassa -Club Deportivo, Egara, Altic e Hockey Club-, “sinal do bo ambiente de Hóquei que se respira en Barcelona”, ademais do junior do FC Barcelona, dixo o rexedor. Asemade tamén contarán con dous equipos de Madrid, Complutense e Club de Campo, o R.S. Tenis de Santander e o Club Hocquei Barrocás.

Artigos relacionados

Back to top button