CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Magosto benéfico a favor dos damnificados pola DANa, no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Na xornada deste xoves 7 de novembro celebrábas no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa un magosto moi especial, marcado pola convivencia, a alegría e, sobre todo, a solidariedade. “Toda a comunidade educativa uniuse nunha xornada benéfica a favor dos damnificados pola DANA, onde as tradicionais castañas asadas foron só o comezo”, aseguran dende o centro. De feito, no evento puidéronse degustar saborosos bolos preñados, unha variedade de doces e, por suposto, as riquísimas castañas que encheron o aire do patio co seu inconfundible aroma.

 

 

 

 

A música festiva do Dj Marco engadiu o toque perfecto, creando un ambiente alegre e cheo de enerxía. Pero o espírito solidario do magosto non quedou só no colexio. “Quixemos facer partícipes desta celebración aos nosos amigos maiores da Residencia dos Pinos, así que lles levamos uns cuantos cornetes de castañas, envolvidos nese “papel de agasallo” que é o agarimo”, din dende o Pablo VI.

 

 

 

A xornada tamén incluíu un mercadillo benéfico, cheo de obxectos variados, cuxa venda axudou a recadar fondos adicionais para a causa. “Grazas a todos os que participaron e achegaron o seu gran de area para facer deste magosto un día inesquecible e cheo de sentido. Educar en solidariedade é enriquecer o corazón e transformar o mundo”, conclúen.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button